Blog Asociación Amigos de Francisco Carballo

Bo e Xeneroso

2º ROTEIRO: VIGO, MARÍN, PONTEVEDRA

Escrito por Fcarballo 30-10-2016 en Novas. Comentarios (0)

Eis o 2º Roteiro que imos facer o sábado, 5 de novembro deste 2016, vencellado aos "lugares" de F. Carballo. Beizón por espallar o programa desta nobre causa na vindicación da figura do presbítero ilustrado de Maceda.

"Teño a esperanza dun mundo mellor, máis igual, menos delirante, máis pacífico (...). Gosto moito da flor que aromatiza o cheiro podre da miseria e abre a corola á luz"  (MEMORIAS INÉDITAS)


Localizacións:

Cafetería Porta do Sol 15 Vigo
https://goo.gl/maps/Grxjdb49QJk
42.238235,-8.725985

Parking Urzaiz Vigo
https://goo.gl/maps/ZLoFHPoD2SB2
42.237307,-8.720430

Colexio S. Narciso Chan do Monte
https://goo.gl/maps/Bce7DkebWPm
42.389575,-8.708816

Petroglifos Mogor
https://goo.gl/maps/YpwAkfHv3542
42.385605, -8.718075

Cafetería Carabela
https://goo.gl/maps/ZCKD1dJEBAH2
42.431655,-8.644082

Parking Praza España
https://goo.gl/maps/KVESxRXLjDm
42.431698,-8.647857

FESTA MEDIEVAL NO CASTELO DE MACEDA, 2001

Escrito por Fcarballo 22-10-2016 en Novas. Comentarios (0)


 


GRUPO MATRICIAL DA ASOCIACIÓN AMIGOS DE FRANCISCO CARBALLO (AAFC)

Escrito por Fcarballo 16-10-2016 en Asoc.Amigos F-Carballo. Comentarios (0)

O 15 de outubro de 2016, xuntámonos na Biblioteca Pública Francisco Carballo de Maceda para poñer a camiñar esta loábel iniciativa. Pretendemos con estas ferramentas (asociación e bitácora) manter viva a memoria e o legado que lle aportou ao Noso País o presbítero ilustrado de Celeirón de Asadur. Sumemos adeptos á causa:

"Toda a miña actividade está sempre arredor da Historia, da reflexión teolóxica e do vivir dun galego crente. Amo a montaña, o mar, o silencio das noites de luar e os días de choiva quente". AUTOBIOGRAFÍA (Biblioteca Virtual Galega).

De esqueda a dereita: Milagros Calvo Carballo, Xabier Oviedo, Bieito Seara, Celso Sánchez e Santiago Prol.



OS MILAGRES DO MONTE MEDO

Escrito por Fcarballo 12-10-2016 en Novas. Comentarios (0)

“O primeiro libro que escribín foi sobre o Santuario dos Milagres, en 1963. Esgotouse enseguida. Era o máis crítico que se podía publicar naquela época. Eu non falo da aparición da Virxe. Digo que ese fenómeno obedece a uns modelos que existían de predicación e que situaban as aparicións en distintos sitios. Era unha afirmación moi grosa para entón. Daquela, a nivel teolóxico, non cuestionaba aínda a posibilidade do milagre. Hoxe si que o cuestiono. Os milagres non existen! Pertencen ao mundo precientífico. Eu falo moito, na vida relixiosa, contra o milagrismo porque é unha alienación”.   Conversas (ANT, 2002)


Localización Os Milagres: https://goo.gl/maps/qBNCz7SN1922 (42.232493, -7.628913)

ASADUR ESTÁ A UN PASO DE CELEIRÓN

Escrito por Fcarballo 11-10-2016 en Novas. Comentarios (0)

Ía á misa coa avoa, a ver aos tíos, a rezar... Ao pouco de instaurarse a II República comezou a escola en Celeirón. Non colliamos en Asadur. Alí o mestre e a mestra eran moi bos. Chamábanse Pedro e María. El estaba afiliado á UGT. Fora procesado e morreu en consecuencia. Ela tamén fora procesada e depurada. Logo enfermou e tamén morreu. Para eles o ensino baseábase na lectura, na escrita e nas matemáticas, cunha dedicación impresionante. Cando fun para Os Milagres tiñamos unha preparación en matemáticas moi superior aos demais. Eles a todo o enciclopédico dábanlle pouquísimo valor. 

Conversas (ANT, 2002).

Localización Asadur: https://goo.gl/maps/PP19TAnzHtN2 (42.293451,-7.611310)