Blog Asociación Amigos de Francisco Carballo

Bo e Xeneroso

ASADUR ESTÁ A UN PASO DE CELEIRÓN

Escrito por Fcarballo 11-10-2016 en Novas. Comentarios (0)

Ía á misa coa avoa, a ver aos tíos, a rezar... Ao pouco de instaurarse a II República comezou a escola en Celeirón. Non colliamos en Asadur. Alí o mestre e a mestra eran moi bos. Chamábanse Pedro e María. El estaba afiliado á UGT. Fora procesado e morreu en consecuencia. Ela tamén fora procesada e depurada. Logo enfermou e tamén morreu. Para eles o ensino baseábase na lectura, na escrita e nas matemáticas, cunha dedicación impresionante. Cando fun para Os Milagres tiñamos unha preparación en matemáticas moi superior aos demais. Eles a todo o enciclopédico dábanlle pouquísimo valor. 

Conversas (ANT, 2002).

Localización Asadur: https://goo.gl/maps/PP19TAnzHtN2 (42.293451,-7.611310)

ASOCIACIÓN AMIGOS DE FRANCISCO CARBALLO DE MACEDA

Escrito por Fcarballo 28-09-2016 en Novas. Comentarios (0)

Amigos de Maceda co presbítero ilustrado, historiador e ideólogo nacionalista en Salamanca. A xuntanza arredor do Fillo máis sobranceiro vivo de Maceda foi o 24 de maio de 2014, o día de reflexión denantes das Eleccións ao Parlamento Europeo. Foi unha xornada de convivencia e de ledicia compartida. A enfermidade que o levou 6 meses despois, non impediu que departise con nós naquel fermoso día de primavera en Santa Marta de Tormes (Salamanca). De esquerda a dereita: Francisco Carballo, Bieito Seara, Celso Sánchez e Xabier Oviedo [Santiago Prol é o que tira a foto nos xardíns do que fora reitorado dos PP Paúles].